O roteiro gastronómico Tapea con xeito marcou o inicio da Festa da Xouba de Rianxo

23 Xullo 2024

No marco da celebración da Festa da Xouba de Rianxo, estase a celebrar entre o 22 e o 28 de xullo a iniciativa de reivindicación gastronómica e cultural Tapea con xeito!, que porá ao alcance de veciñanza e visitantes diferentes maneiras de preparar e servir o dito produto. Participan, co apoio do Concello, diversos establecementos de hostalaría de Rianxo cunha tapa especial. As persoas que completen a ruta por todos os establecementos adheridos á iniciativa poderán obter “un fantástico premio”.

Festa da Xouba, a partir deste martes 23

A Festa da Xouba de Rianxo desenvólvese dende este martes 23 ao venres 26 de xullo no Campo de Arriba (epicentro das actividades).

Será unha celebración para celebrar a propia xouba e, tamén exaltar a cultura mariñeira.

Tamén haberá vertente musical, como a actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e a súa banda, que ofrecerán un concerto gratuíto na praza de Castelao no que o gaiteiro presentará o seu último traballo, Branca Vela. Trátase dun disco luminoso cargado de amor pola música de raíz e pola electrónica no que colaboraron artistas como DeVacas, Leilía ou Guadi Galego.

A festa vén da man do Concello e a Confraría de Pescadores Virxe do Carme, ao abeiro da marca Xouba de Rianxo, e conta co apoio da Consellería de Mar.

Respecto do programa de actividades, estas arrincan este martes 23 con dúas visitas guiadas: ao Museo do Mar de Rianxo e ao Rianxo mariñeiro. A xornada do 24 comezará cunha nova ruta polo Rianxo mariñeiro e cunha saída de embarcacións tradicionais, unha visita aos Estaleiros Catoira e unha degustación de xouba en conserva na carpa do Campo de Arriba. Pola noite, concerto de Budiño na praza de Castelo.

O xoves 25 haberá novas visitas guiadas e ás 13.00 horas celebrarase no Campo de Arriba unha nova degustación de xouba con música e baile a cargo de Fogo Fatuo e Río do Anxo. O venres 26 a festa rematará cun concerto da Banda de Escola de Música de Rianxo e de Brincadeira, na praza de Castelao.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.