O luns 22 de xullo comezan as obras da cuberta téxtil do parque infantil das Abesadas

18 Xullo 2024

O Concello de Ribeira anunciou que as obras para instalar unha cuberta téxtil protectora no parque infantil das Abesadas iniciaranse este luns 22 de xullo. O primeiro paso dos traballos será establecer un valado perimetral para garantir a seguranza da veciñanza e prevese que a instalación de lecer poida reabrirse a finais de agosto. O Concello explicou que o comezo desta actuación demorouse para evitar que coincidira coa tempada de actividade escolar.

Esta actuación na que se instalará unha cuberta téxtil ten unha consignación de 97.066,67 euros e forma parte do Plan Provincial de Obras e Servizos POS+ 2023. A empresa adxudicataria foi Nature Infraestructuras e Servizos, S.L. A cuberta será de lona de poliéster cunha estrutura de soporte metálica protexida contra a oxidación. Tamén se procederá á instalación de luminarias LED.

Segundo lembra o Concello, a zona infantil situada no parque das Abesadas é unha das máis concorridas do municipio ao atoparse no centro urbano e esta nova actuación realízase para que poida “empregarse con independencia das inclemencias meteorolóxicas”.

Dende o Goberno local incídese en que estes traballos permitirán avanzar no compromiso de mellorar os espazos públicos e áreas infantís.

O alcalde, Luís Pérez Barral, afirmou que o Plan de Mellora de Parques Infantís ten unha dotación que ascende a 672.000€ grazas aos que, alén das Abesadas, actuouse en Bandourrío e Artes e tamén se actuará en Palmeira e Carreira. Pérez Barral incidiu que seguirán traballando en mellorar os espazos públicos de maneira progresiva e sobre todo aqueles que se atopan máis degradados.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.