O envorco dun camión deixou dous feridos e obrigou a cortar a circulación en Santiago

11 Xullo 2024

O envorco dun camión dunha orquesta na parroquia de Fecha, en Santiago de Compostela, deixou dúas persoas feridas leves e provocou unha fuga de combustible.

O tráiler, cargado co material du grupo de música, dirixíase a Baio para a sesión vemú cando envorcou e quedou atravesado na vía. 

O accidente rexistrouse minutos despois das 9:30 horas e as persoas resultaron feridas leves.

Un camión envorcou esta mañá en Santiago cando circulaba polo quilómetro 4 da DP-0701, situado na parroquia de Fecha. O condutor e o seu acompañante, únicos implicados, conseguiron saír ao exterior polos seus propios medios e foron atendidos con feridas leves.

Os axentes da Garda Civil de Tráfico sinalaron a necesidade de interromper o tráfico no punto: cando envorcou, o camión levou por diante un poste eléctrico xunto cuns cables que tamén era necesario retirar.

Ata o lugar desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santiago, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada, así coma un técnico da empresa encargada da subministración eléctrica na zona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.