O Concello de Muros blinda a seguridade no circuíto das carrilanas de Esteiro

17 Xullo 2024

A deputada de Vías e Obras da Deputación da Coruña, Mónica Rodríguez, visitou o Concello de Muros o pasado mes de decembro e nun encontro coa alcaldesa, María Lago, e a tenenta de alcaldesa, Caridad González, comprometeuse a instalar unhas biondas de seguridade (valados metálicos de protección con feitura de dobre onda, de aí o seu nome) na estrada que forma parte do circuíto das carrilanas de Esteiro.

Desde o Concello realizáronse as xestións necesarias para que a Deputación executase a actuación antes das carrilanas, tal e como se pode comprobar nas imaxes que acompañamos.

“Trátase dunha demanda histórica por parte da asociación organizadora das carrilanas e unha moi boa nova para todo o concello, xa que aumenta de forma considerábel a seguridade na estrada”, sinalou a rexedora María Lago.

O Gran Prix de Carrilanas celébrase esta fin de semana, organizado pola Asociación das Carrilanas de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.