O Concello de Boiro executa as obras para a rehabilitación da capela do Pazo de Goiáns

23 Xullo 2024

O Concello de Boiro achegou un balance dos traballos desenvolvidos para rehabilitar a capela do Pazo de Goiáns impulsadas pola Administración local grazas ao co-financiamento da Deputación da Coruña, obras que, segundo o equipo de Goberno, avanzan a bo ritmo. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, supervisaron na mañá deste martes 23 de xullo a execución dos traballos.

Lembraron que o Pazo de Goiáns é unha antiga fortaleza medieval, situada nun entorno inigualábel ao pé do esteiro do río Coroño, cun edificio principal e unha torre rehabilitadas no ano 2022, ao que se sumou o acondicionamento dos espazos naturais de gran valor que forman parte da propiedade do pazo. Porén, era materia pendente frear o proceso de deterioro da capela e recuperala, sinalaron.

As actuacións que se están a levar a cabo ascenden aos 110.133,81 euros e contemplan a consolidación, sen alterar a estética, dos restos que se conservan integramente; rehabilitar a cuberta, os muros e as carpinterías; e a instalación de nova iluminación. “Con estas actuación seguimos avanzando na rehabilitación dos edificios auxiliares ao Pazo de Goiáns, unha das nosas xoias arquitectónicas e xa emblema turístico do municipio”, afirmou o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz.

Ademais das actuacións da capela, estanse a executar as obras para a mellora ambiental no estuario do río Coroño, unhas actuacións que ascenden a un total de 204.024 euros e que axudan a conectar o Pazo co núcleo urbano, mellorando a súa accesibilidade e dándolle un valor engadido á súa contorna natural. “Avanzamos na rehabilitación integral da mellora do Pazo e da finca para chegar a rehabilitar todas as edificacións auxiliares”, afirmou o alcalde José Ramón Romero.

Para frear o deterioro das edificacións o Concello de Boiro encargou proxectos de rehabilitación co obxecto de dar solución ao estado de ruína das edificacións e, para a execución dos proxectos vaise concorrer a unha liña de axudas da Consellería de Infraestruturas, a través de préstamos sen intereses, para a rehabilitación de inmóbeis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.