O alumnado de Tahume IX acondiciona as casas da cultura de Queiruga e Caamaño e a contorna da ponte medieval de Xuño

09 Xullo 2024

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume IX, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para fomentar a ocupación laboral da veciñanza destes dous territorios e da comarca, traballou estes días arreo para acondicionar diversas infraestruturas e inmóbeis. Entre os labores desenvolvidos figura o acondicionamento da contorna verde da Casa da Cultura de Queiruga, onde o alumnado de Tahume levou a cabo unha limpeza integral dos espazos de lecer.

Semellante traballo de posta a punto e acondicionamento foi levado a cabo polas persoas participantes no Obradoiro de Emprego na Casa da Cultura de Caamaño.

A maiores, este mes de xullo o alumnado de Tahume IX realizou un importante traballo de posta a punto no camiño da Ponte Medieval á zona da Coviña, na parroquia de Xuño.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...