O alcalde de Ribeira demanda máis persoal e urxe unha reunión para resolver os problemas en materia sanitaria

12 Xullo 2024
Concello

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, participou este venres nas concentracións realizadas nos centros de saúde de Ribeira e Palmeira para esixir máis persoal médico. Ás portas do edificio de Santa Uxía, Pérez Barral reiterou a súa disposición para reunirse coa Consellería de Sanidade para abordar os dous problemas principais do municipio.

Pérez Barral destacou a necesidade de aumentar o número de profesionais sanitarios nos puntos de atención do municipio para garantir unha asistencia sanitaria de calidade. Ademais, mencionou a urxencia de desbloquear a situación para a dotación dun novo centro de saúde, argumentando que o actual edificio presenta danos e filtracións, ademais de ser insuficiente en tamaño. O alcalde solicitou á xerencia da área sanitaria a convocatoria dunha reunión urxente.

Concello

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.