Poucos cambios se agardan na situación meteorolóxica do martes, coas altas presións centradas ao oeste dos Azores pero entrando en forma de cuña polo noroeste da Península. A xornada será de tempo seco, con algunhas néboas matinais nos vales do interior e con ceos máis nubrados ao norte á primeira e á última hora do día. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de compoñente norte con intervalos moderados en terra, moderado no litoral da Coruña e de Pontevedra.

O noso mar: Vento do norte, forza 3 a 5 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



