Lorena do Merlo rende homenaxe á xente do mar de Portosín cunha mostra fotográfica e un documental

09 Xullo 2024

A edición 2024 do evento de exaltación mariñeira Azul de Portosín, celebrada a semana pasada da man da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín, incluíu entre outras moitas actividades a inauguración dunha mostra de fotografías de Lorena do Merlo, artista de Boqueixón afincada en Aguieira que reflicte a actividade da xente do mar de Portosín, a exposición aMar, que se acompañou dun documental complementario.

Esta mostra, que se pode ver na Casa da Cultura local, recolle a vida dos homes e mulleres de Portosín, e é unha homenaxe ao seu esforzo e á súa adicación, e tamén á súa humanidade, fraternidade e sentido do humor.

O GALP Costa Sostible participou nesta actividade coa súa axuda a este proxecto da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín.

A inauguración da mostra fotográfica e a proxección do documental celebráronse o pasado venres 5 de xullo no marco da iniciativa Azul de Portosín.

Este proxecto, financiado cunha achega autonómica a través dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP), ten como obxectivo “visibilizar o traballo dos profesionais do mar e a identidade mariñeira da vila ao redor da pesca do cerco así como difundir a dita marca Azul de Portosín”. Na cita participaron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, e o alcalde Luis Oujo, entre outras personalidades.

A mostra consta de 38 imaxes, tanto en branco e negro como en cor, realizadas cunha cámara Canon Mark IV e unha Canon R6, que recollen con diferentes ópticas o mundo da pesca e o lado humano que hai detrás dos profesionais que protagonizan a actividade pesqueira do municipio. Ademais, conta coa proxección dun documental que aborda os naufraxios dos cerqueiros Divina del Mar e Sempre Güeto acontecido no ano 2021.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.