Inaugurada na Pobra a escultura “Como Agua”, que rende homenaxe ás vítimas da violencia de xénero

29 Xullo 2024

Hai saída da violencia de xénero: esta é a clara mensaxe que expresa a escultura Como Agua, de Isabel Soler Rivas, que se inaugurou nos Xardíns de Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal este domingo 28 de xullo, nun acto solemne amenizado pola soprano noiesa Esperanza Mara. Foi unha homenaxe a tódalas vítimas promovido pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal para amosar “unha clara postura de repulsa á violencia machista e apoio a tódalas mulleres que sofren esta eiva social en tódalas súas formas: física, psicolóxica, vicaria, sexual, económica… E a máis grave de todas: o feminicidio”.

Por iso, tamén hai unha placa en recordo a todas elas cos nomes gravados de María Rocío Feijóo e Diana Quer, dúas rapazas de 18 anos cuxas vidas foron truncadas na vila en circunstancias similares con 34 anos de diferenza. Optouse, polo tanto, por convidar á familia de ámbalas dúas, se ben non foi posíbel contactar coa de María Rocía Feijóo, e por parte de Diana Quer asistiron seu pai, Juan Carlos Quer, e súa irmá, Valeria.

Tanto o alcalde, José Carlos Vidal, como a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, pronunciáronse sobre a necesidade de implicar a toda a cidadanía na loita contra a violencia de xénero e en acadar a igualdade; onde tamén ocupan un papel fundamental as Administracións para artellar os mecanismos necesarios coa finalidade de detectar e actuar fronte a esta problemática.

A peza representa a unha muller que sae do papel da denuncia, do proceso xudicial ou dese papel imposto pola sociedade que xa a enmarca previamente polo seu xénero e sexo para se introducir nunha auga renovadora, implicándonos a todas e todos, a través no noso reflexo, na construción dun novo e equitativo papel da muller na sociedade.

Confeccionada en aceiro mariño puído nun espello, a obra consta de dous bloques. Un consiste nunha prancha de aceiro co formato folio, instalada verticalmente, coa marca dunha dobrez na metade. No seu interior recórtase a silueta dunha muller núa, que deixa o oco do seu corpo na dita prancha, da cal se independiza cun esbozo de movemento cara á auga, representada no outro conxunto. Este consta de tres formas rectangulares volumétricas, que emulan as ondas da auga, ben do mar, ben dun río.

A proposta Como Agua foi a mellor valorada polo xurado do concurso do concurso ideas convocado para a concepción da talla cunha dobre óptica: artística e reivindicativa.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...