“Falar por non estarmos calados: outra lei de Prensa e Imprenta?” – Antón Luaces

20 Xullo 2024

A semana que remata trouxo á memoria de moitos dos que no ano 1966 traballabamos nos medios de comunicación a Lei 17/1966 de 18 de marzo dese ano, publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) número 67, de 19 de marzo de 1966. En total, seis páxinas nas que, de primeiras, o franquismo se refería á “liberdade de expresión por medio de impresos” (Artigo primeiro), e no seguinte artigo, referíase a Lei á “extensión do dereito”. Da “censura” ocupábase o artigo terceiro e da “consulta voluntaria”, o cuarto. O quinto abordaba a “garantía de liberdade” para, a continuación, tratar sobre a información de interese xeral, e o dereito a obter información oficial.

Compre dicir que nada do sinalado foi asumido polos distintos gobernos con Francisco Franco na Xefatura do Estado. E, finado Franco nun  hospital madrileño en 1975, ata a promulgación da Constitución española tres anos dempois do pasamento do xeneral, non comezamos os españois a saber o que, en puridade, quería ser ou significar a “liberdade de prensa” .

 A liberdade de empresa editorial ía nesa Lei da man da responsabilidade destas en caso de se responsabilizar de varias publicacións, do dereito público (con constancia “en espacio preferente” dos nomes dos que constituían os seus órganos reitores, os dos accionistas con participación superior ao dez por cento do patrimonio social, beneficios de carácter tributario, da profesión xornalística e o título profesional, os requisitos para ser director do medio (non podían selo os condenados por delicto doloso, os condenados xudicialmente por tres ou máis infracións en materia de Prensa, os sancionados tres ou máis veces polo Xurado de Ética Profesional e os sancionados administrativamente tres ou máis veces por infración grave).

A Lei citada contemplaba o dereito de réplica e o deber de insertar esta, así como a forma de inserción, o dereito de rectificación, as responsabilidades en materia de Prensa, e as infracións e sancións.

Esta Lei franquista -que se relacionou sempre co que fora ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne- derrogou as Leis de Imprenta de 1883, a de Prensa  de 1938 e numerosos apartados que as modificaron posteriormente á súa publicación.

O actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tenta dar pulo a distintas medidas de rexeración democrática para protexer e afortalar a democracia. Un plan que recolle puntos como a independencia e transparencia dos medios de comunicación ou trocos na Lei de Publicidade Institucional, de xeito tal que os medios concreten quen son os seus accionistas ou que entidades ou persoas os financian. Todo elo, dixo Sánchez, en cumprimento do Regulamento Europeo  votado por todos os partidos e na percura de transparencia, independencia, pluralismo e proteción.

E eu, perdón por personalizar, que sempre crin que a mellor lei de prensa era a que non   existía…

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.