A Comisión Organizadora do Congreso (COC) de Lousame proclamou este luns 22 de xullo a Esteban Ares García como novo presidente local do Partido Popular no municipio da comarca de O Barbanza, despois de que a lista do candidato lograse o apoio do 100% dos apoios dos participantes no congreso celebrado na xornada. Acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo, pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e polo seu homólogo provincial, Evaristo Ben, Ares aproveitou o seu primeiro discurso, xa como líder local, para agradecer a todas as persoas que apostaron pola súa candidatura. “O primeiro que quero é dar as grazas á xente que participou, á xente que nos deu o seu apoio e a todos os que pertencedes á familia do PP de Lousame”, dixo.

Ares tamén tivo palabras de agradecemento para Teresa Villaverde, actual alcaldesa de Lousame, da que dixo ser “o mellor exemplo” do que significa entregarse en “corpo e alma” ao seu partido, pero, por encima de todo, aos seus veciños. Sobre a súa responsabilidade á fronte da formación local, o novo presidente comprometeuse a “ensanchar” a bases do partido, abrindo, dixo, as portas a todas aquelas persoas que teñan algo que achegar para, desta maneira, estar “mellor preparados para o futuro”.
Pola súa banda, Diego Calvo, quen se sumou ás palabras de agarimo cara a Teresa Villaverde, asegurou que a rexedora “foi, é e seguirá sendo espero que durante moito tempo unha referente da política municipal dentro do Partido Popular da provincia da Coruña”. E engadiu: “Teresa, grazas. Grazas por ser como es, por estar sempre que se che necesitou, pola túa tenacidade e, sobre todo, por como fuches capaz de poñer por diante dos teus intereses e das túas necesidades, os intereses e as necesidades dos teus veciños”, apuntou Calvo. Amais, o popular destacou o paso á fronte dado polo novo presidente local, de quen destacou que coñece á perfección o partido porque, lembrou, leva afiliado á formación popular desde os 18 anos, ademais de integrar as listas locais desde 2011 e ser na actualidade o tenente alcalde do Goberno Municipal. “Estou seguro de que lograrás que o Partido Popular de Lousame siga sendo unha referencia e que siga respondendo como o fixo ata o de agora”, afirmou Calvo, quen incidiu en que para iso, será “fundamental traballar entre todos os que conformades esta gran familia, facédeo sumando, da man de Teresa e coa mente posta é reforzar aínda máis a estrutura que xa temos”.
Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, salientou que o PPdeG ten neste momento 151 alcaldes e alcaldesas en toda Galicia, case a metade de total, e 1.775 concelleiros e concelleiras, e situou a todos eles xunto ao conxunto dos partidos locais como “un dos principais piares” dos bos resultados. Destacou o labor dun deses “piares”, Teresa Villaverde, unha das 28 alcaldesas do PPdeG que converten ao partido no de maior número de rexedoras da Comunidade. Así mesmo, trasladou o agradecemento de parte do presidente Alfonso Rueda, que hoxe non puido estar presente, polo gran labor realizado en Lousame nas últimas dúas décadas así como polo apoio conseguido nas eleccións autonómicas do pasado 18 de febreiro: máis de 1.000 votos e máis dun 57%.



