A Feira do Libro de Rianxo vai celebrar a súa edición 2024 entre o 24 e o 27 de xullo, novamente no Campo de Arriba de Rianxo. Na Rede (en PDF) podemos consultar a relación de actividades, que inclúen presentacións, narracións e mesmo espectáculos teatrais e musicais.

A axenda de espectáculos comeza o 24 de xullo ás 13.00 horas co pregón inaugural a cargo da escritora e actriz rianxeira Esther Carrodeguas. Ás 20.00 horas está prevista a actuación do músico multiinstrumentista Paco Nogueiras, presentando Son Animal, e ás 20.45 Rosa Suárez presentará A miña vida noutro lugar, e ás 21.30 horas Inventi Teatro representará As palabras perdidas. Ás 23.00 horas actuará o gaiteiro Budiño presentando Branca Vela, na praza de Castelao.

Polo que se refire ás presentacións literarias, o 24 de xullo inclúense as seguintes actividades:
-12.00 horas.
Alba López Paredes asina a triloxía Nándidor e a triloxía La leyenda de Nóa na caseta da Libraría Cándido.
Perfecto Souto asina Clarisa na caseta da Libraría Uróboros.
-18:30 horas.
Alba López Paredes asina a triloxia Nándidor e a triloxía La leyenda de Nóa na caseta da Libraría Cándido.
Perfecto Souto asina Stricta Funis na caseta da Libraría Uróboros.
Isabel Elena Peleteiro Vazquez asina O villa de pitanxo – Misterios dun naufraxio na caseta da Libraría Xacobiño.
Alfonso Barreiro “Fon” asina Banainas, Gazafellos 1 e 2 e Cósmico na caseta da Libraría A gata tola.
A Feira do Libro de Rianxo vén da man da Xunta, a Federación de Librarías de Galicia, o Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.
Achegaranse descontos do 10% en todos os libros que merquemos na feira.
Participan Galgo Azul, Libraría Pedreira, A Gata Tola, Libraría Urórobos, A Libraría de Rosa (Nobel Boiro), Libraría Cartabón, Libraría Xacobiño, Libraría Ben – Rianxo, Libraría Cándido, Libraría Aenea e Bandini Libros – Bertamiráns.



