“Espectación en Burela polo proceso xudicial contra a pesca de fondo en augas comunitarias”. Antón Luaces

10 Xullo 2024

O vindeiro 15 de xullo vai facerse pública a sentenza final  da vista oral do recurso o 13 de decembro de 2022 pola Organización de Produtores de Burela que o Tribunal Xeral da Unión Europea en Luxemburgo xa celebrou. En conxunto son 16 as compañías afectadas polo veto da Comisión Europea á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias estabelecido no Regulamento 2022/1614. A vista oral é a parte final do procedemento no que están persoadas a OPP, de Burela, a Xunta de Galicia e o Estado español. A sentenza vai facerse pública previsiblemente a finais deste verán ou principios do outono.

A  criterio da OPP de Burela, os xuíces entenderon correctamente as probas presentadas no que fai referencia ao palangre demersal no senso de admitir que este tipo de arte no ten impacto nos fondos mariños e as graves consecuencias e anomalías derivadas da súa prohibición. Durante o procedemento xudicial xa   se aportaron estudos de tipo socioeconómico realizados pola Universidade de Santiago de Compostela. Os de tipo cartográfico para demostrar as diferencias entre zonas de Europa, e outro de caracterización técnica do palangre de pescada liderado polo Instituto Español de Oceanografía (IEO) con resultados da campaña realizada nio derradeiro trimestre de 2023. 

Na OPP de Burela xa sabìan que ía ser un proceso lento e caro en tempo e diñeiro; mais consideraron que terían que acodir a defender a súa frota porque nesta norma tan desproporcionada ponse contra as cordas a viabilidade das empresas que manteñen un xeito de pescar totalmente tradicional coa arte de pesca máis selectiva que existe (o palangre) que, no caso da pescada, xa se demostrou quwe non ten  impacto no fondo mariño.

As demandas presentadas piden a anulación  deste Regulamento considerado “desproporcionado e discriminatorio” na ampliación das vedas, e por considerar que non houbo un proceso axeitado de consulta pública, a falta de informes previos de impacto socioeconómico e ausencia de datos de impacto diferenciado por artes de pesca.

O impacto sufrido por esta frota palangreira supera o 30% anual no seu volume de capturas, o que -segundo a OPP de Burela- fai totalmente inviable o seu futuro.

Outros artigos

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

Cuando el Payaso llora. A punto de salir a pista, tras las cortinas, los últimos minutos, la tele habla de los niños asesinados en Gaza, el bombardeo cruento del Hospital en Ucrania, tanta muerte inocente. Al payaso le cae una lagrima, recorre su mejilla dejando...

+

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

A moitos dos que andan polas alturas da función ou da acción política gústalles falar dorespecto á vontade popular, á que a mesma Constitución de 1978 alude no seu Preámbulo,cando fala de “consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresiónda...

+

“Traé la motosierra, carajo”. Antón Luaces

Que pasa no mundo para que todo quisque estea revolucionado, que é o que fai que, en 2024, se vivan situacións xa coñecidas en 1940 e que, máis de 80 anos dempois, os que xa non temos moito cabelo por peitear sintamos que o que reservamos para o inverno se arriche ata...

+

“Salud mental” – Manuel Domínguez

Puede ser, y tal vez. Estoy aquí, vivo en un mundo real, estamos todos interrelacionados, no somos islas, formamos una comunidad, lo que te afecta a ti, aunque sea de forma tangencial me afecta a mí. Hay un poeta filosofo amigo, que decía,” existen los problemas,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La juez Mercedes Alaya”. José Castro López

“La juez Mercedes Alaya”. José Castro López

Sentencia el Tribunal Constitucional (TC) que los que planificaron los ERE enAndalucía no son culpables del mayor escándalo de corrupción de la historia reciente deEspaña que malversó 670 millones de euros.De eso están informando los medios de comunicación, “tabloides...

“Valorar o servizo”. Xulio Xiz

“Valorar o servizo”. Xulio Xiz

Desde hai un tempo, empresas e entidades están preocupadas en coñecer a opinión sobre os servizos que prestan ao público, polo que inmediatamente ou a posteriori someten ao usuario á presión de que valore a atención recibida puntuando determinados...