A contorna de Agramuíña (Escarabote, Boiro), vai acoller este luns pola noite, ás 22.00 horas, un espectáculo circense e malabares para todos os públicos: Cirkote, de Kote Malabar.
Organizan o Concello e Culturactiva co apoio da Deputación da Coruña.
Cirkote é un espectáculo de circo de rúa e teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor.
Kote Malabar leva preto de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demais actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo que vai representar en Escarabote combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público.