Este xoves gárdanse ceos con poucas nubes en xeral, agás no litoral noroeste e norte ao principio e final da xornada. Bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso quedando sobre os 30-32 graos. Os ventos soprarán do nordés en xeral, frouxos no interior, moderados no litoral e fortes na Costa da Morte.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove






