‘Come san, come sostible’, un xogo para que o alumnado de Primaria aprenda a coidar a saúde e o medio natural

04 Xullo 2024

O xogo ‘Come san, come sostible’ é unha ferramenta didáctica para que o alumnado de Educación Primaria sexa consciente da importancia que teñen as súas accións para o coidado da súa saúde e, ao mesmo tempo, da protección do medio ambiente e o desenvolvemento sustentable. O xogo xunta nunha colaboración interdisciplinar as capacidades dos grupos de Biotecnoloxía Ambiental (Biogroup) do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) e do de Investigación Esculca da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

O xogo xunta nunha colaboración interdisciplinar as capacidades dos grupos Biogroup e Esculca

A pegada de carbono e a pegada hídrica dos 62 alimentos máis consumidos en España no ano 2023, así como o coñecemento dos principais grupos nutricionais que compoñen unha dieta equilibrada son algúns dos conceptos sobre os que se sustenta esta ferramenta didáctica que trata de achegarlle ao alumnado recursos educativos en materia de sustentabilidade. Previo á súa presentación pública realizouse unha proba piloto deste recurso na que participou recentemente o estudantado do dobre Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Educación Primaria, nunha actividade dirixida por investigadores do CRETUS e polo profesorado da Facultade de Ciencias da Educación e membros do grupo Esculca.

A idea de crear este recurso educativo xorde a partir dun traballo publicado no 2020 en Education for Chemical Engineers que asinan investigadores de CRETUS, cuxo obxectivo foi fomentar entre o alumnado de Enxeñaría Química a concienciación ambiental cara ao consumo responsable de alimentos así como a redución do desperdicio alimentario. A partir desa base e en colaboración co grupo Esculca fíxose unha adaptación para a aplicación entre o alumnado de Primaria, que agora toma forma neste novo recurso didáctico a disposición da comunidade educativa que o solicite.

Compromiso coa sustentabilidade
A educación para o desenvolvemento sostible en actividades ou seminarios é parte da formación para estudantes de Enxeñaría Química para reforzar o seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) incluídos na Axenda 2030, pois segundo lembra o equipo promotor, o desperdicio alimentario non é só unha cuestión ética e económica: esgota recursos naturais limitados e “neste sentido, frear a tendencia crecente de adquisición excesiva de bens que non consumiremos pode ter un efecto importante na redución do impacto ambiental asociado á produción de alimentos”.

O equipo do BioGroup foi o encargado da conceptualización do xogo, do deseño tanto da caixa como das fichas e das follas para o cálculo das pegadas hídricas e de carbono, mentres que Esculca elaborou a guía didáctica. A través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) fixéronse os trámites para rexistrar a propiedade intelectual coa finalidade de lanzalo ao mercado e encargarase das xestións para a súa distribución, polo que os centros interesados xa poden solicitar unidades deste xogo a través de avte@usc.gal.

Outros artigos

A Pobra prepárase para pedalear no 14 de xullo coa Festa da Bici

A trixésimo segunda edición da Festa da Bici da Pobra do Caramiñal convida a pedalear con fin solidario no 14 de xullo. Esta cita que reúne deporte e solidariedade arrancará ás 11.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán; espazo que tamén se establece como meta....

+

Este venres comezan as Festas da Virxe do Carme de Rianxo

Este venres 12 de xullo comezan as Festas da Virxe Do Carme de Rianxo, que ofrecen a residentes e visitantes cinco completas xornadas de celebracións festivas con todo tipo de actividades. A axenda comeza este venres co festival RianClown a partir das 20.30 horas e co...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

Cuando el Payaso llora. A punto de salir a pista, tras las cortinas, los últimos minutos, la tele habla de los niños asesinados en Gaza, el bombardeo cruento del Hospital en Ucrania, tanta muerte inocente. Al payaso le cae una lagrima, recorre su mejilla dejando...

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

A moitos dos que andan polas alturas da función ou da acción política gústalles falar dorespecto á vontade popular, á que a mesma Constitución de 1978 alude no seu Preámbulo,cando fala de “consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresiónda...