Chega este 27 de xullo a XVI edición do Festival Anstrospinos

27 Xullo 2024

Este 27 de xullo vaise celebrar en Campo Maneiro (Taragoña, Rianxo) a XVI edición do Festival Antrospinos, que comezará ás 14.00 horas da man de Pulpiño Viascón e proseguirá ás 20.00 con De La Cruz Show. Logo, ás 21.00 horas actuará Causa Xusta, e ás 22.30 Catuxa Salom. Ás 0.00 será a quenda de Saraghallada e á 1.30 de Harry May.

O festival, que é de balde, proseguirá de madrugada, ás 2.30 horas co picadiscos DJ Crooked Savage.

Organiza a Asociación Cultural Antrospinos co apoio do Concello da Rianxo e a Deputación, entre outras entidades e empresas.

Quen precise máis información sobre esta importante cita musical tena no Instagram do festival.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.