“As mulleres son as máis perfectas das creacións divinas”. Antón Luaces

13 Xullo 2024

Esta sublime descrición, como moi ben poderá adiviñar o lector, non é da miña autoría, por máis que asuma o total do titular deste artigo. Correspóndelle a mesma a un dos máis celebrados escritores mundiais e, sen dúbida algunha, ao máis lido da língua castelá: don  Miguel de Cervantes Saavedra que, na súa obra máis sobranceira,”El ingenioso hidalgo don Quijote de La Mancha”, suliñaba: “… las mujeres son las más perfectas de las creaciones divinas. Que aunque son  más hermosas que las flores, las estrellas y la luna juntas, son fuertes como el acero de mi lanza.

Por eso, Sancho, es momento entre los caballeros, que debemos estar prestos a sus privaciones, amarlas, cuidarlas como a la niña de nuestros ojos, porque nuestro mundo, no cabe la menor duda, estaría completa e irremediablemente perdido, pues ellas, Sancho, son la fuerza de la vida y el motor que impulsa nuestra existencia”.

A revisión deste texto permíteme, co seu permiso, traer a colación o que un día de vai máis de trinta anos dicía, nunha conversa que sostiñamos un tristemente desaparecido administrador da Asociación da Prensa da Coruña, empedernido lector de  Cervantes, e quen isto relata: que “o Quijote é o libro máis actual ata o día de hoxe escrito. Calquer acontecemento, calquera circunstancia que se produza no mundo, terá nel o seu reflexo. Sempre haberá na obra de don Miguel algo que nos  induza a reflexionar sobre o pensamento cervantino”. 

Canta razón e canto podemos aprender de Cervantes pola intermediación de don Quijote. 

O pasado venres, 12 de xullo, a primeiras horas da mañá, foi detido en Buñol (Valencia), un home acusado de ser o presunto autor da morte da súa parella, unha muller de 32 anos.

Foi precísamente a exmuller do presunto homicida a que avisou de que o seu exmarido lle confesara que matara á súa actual parella. Algúns medios de comunicación informaron onte que o acusado fuxiu nun coche que colidiu contra un vehículo da Garda Civil, ferindo a dous axentes.

Coa de onte, en Valencia, xa son 21 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano en España.

Algunhas formacións políticas españolas tentan manter que esta é unha “violencia intrafamiliar. Non de xénero”.

Máis nada que engadir, Señoría. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.