ACTEMSA supera a quebra e presenta plan de negocio para a vindeira década

12 Xullo 2024

A empresa alimentaria ACTEMSA, emprazada na Pobra (no Polígono da Tomada) e dirixida á distribución e exportación dos nosos produtos pesqueiros, vén de dar por zanxada a situación delicada pola que pasou neste período post-COVID e aprobou un plan de reestruturación (protocolado o pasado 9 de xullo ante notario) e un modelo de negocio viábel e garantíbel para os vindeiros dez anos.

Segundo informou a empresa nun comunicado, o plan garante o mantemento da actividade empresarial e da totalidade dos postos de traballo, máis de 200 traballadores, aínda que se espera a incorporación de 30 máis nos próximos días por necesidades da produción. Igualmente, a folla de ruta implica a reestruturación financeira total da débeda. Unha gran maioría do pasivo aceptou o plan de reestruturación.

Ademais, coa posíbel incorporación de Xesgalicia como investidor institucional e a aprobación final do xulgado mercantil, ACTEMSA dá por superada a crise ocasionada polo afundimento dos mercados pesqueiros, o que significou a caída de moitos operadores globais; dá as grazas ás entidades financeiras, aos seus provedores estratéxicos, os grupos JEALSA e Albacora e a todos os acredores e provedores; “para encarar o futuro con optimismo”, informaron fontes da dirección da empresa pobrense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.