A Pobra reivindica os seus tesouros marisqueiros cunha nova axenda de obradoiros

10 Xullo 2024


Achegarse aos recursos marisqueiros presentes no litoral da Pobra do Caramiñal, coñecer os aparellos que se empregan para a súa extracción, aprender as características máis particulares das distintas especies de bivalvos, meterse na pel das profesionais do mar por unhas horas… En definitiva, experimentar o oficio das mariscadoras de a pé. Isto é todo o que posibilitan os obradoiros que forman parte da nutrida axenda configurada pola Concellaría do Turismo para o verán actual e que comezarán en datas vindeiras.

Estes talleres desenvolveranse na praia dos Areos, sempre en horario de mañá, e arrancan coa Semana do Mar, no 12 de xullo, polo que será de balde exclusivamente para esa xornada.

O resto de datas elixidas son o 19 e 24 de xullo, así como o 2, 8, 16 e 30 de agosto. A contía a pagar para estes días establécese nos 12 euros por persoa adulta e nos 6 euros para menores de 10 anos.

Habilítanse as seguintes canles para formaliza-las inscricións: na oficina do turismo, situada na Casa Mariñeira (de luns a venres, de 09.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.00 horas, e nos sábados, de 10.00 a 14.00 horas); no enderezo electrónico turismo@apobra.gal; ou nos teléfonos de contacto 981843280 (marcando a extensión 2035), 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.