A Pobra dá a benvida á Semana do Mar cunha exposición de aves mariñas

05 Xullo 2024

O cartel da Semana do Mar arranca neste 5 de xullo coa exposición Compañeiras do mar e do ceo, cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Composta por media ducia de paneis instalados na Casa Mariñeira, a mostra busca divulgar e pór en valor a importancia da conservación das aves mariñas, así como a súa relación coas actividades pesqueiras.

Poderase visitar ata o día 14, de luns a venres, das 09.00 ás 14.00 e das 17.30 ás 20.00 horas, e, ós sábados, das 10.00 ás 14.00 horas.

Esta axenda de actividades continuará na vindeira semana “co afán de seguir explorando e exaltando a relevancia do mundo marítimo na nosa vida en diferentes ámbitos. Temos nesta convocatoria da Semana do Mar unha exposición, unha función, gastronomía, un obradoiro e a feira mariñeira. Son propostas de carácter lúdico que nos ofrecen outra perspectiva dese vínculo co mar”, salientou a concelleira do Turismo, Estefanía Ramos.

No día 8 representarase o espectáculo infantil Abordaxe pirata, de Barafunda Teatro. Será ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.

Na xornada seguinte, día 9, porase o foco na gastronomía cunha mostra e degustación culinaria con base na conserva, con Miguel Mosteiro. Terá lugar nos Xardíns de Valle-Inclán, ás 20.00 horas.

O turismo mariñeiro vivirase na propia praia no día 12 para experimentar en primeira persoa o oficio das mariscadoras. A saída efectuarase dende a Casa Mariñeira con dirección á praia dos Areos, ás 11.00 horas, e require a inscrición previa, se ben é de balde.

E a feira mariñeira dinamizará o núcleo urbano nos días 12, 13 e 14. Arredor de 40 postos de artesanía e alimentación concentraranse na praza de Victoriano García Martí, no Cantón da Leña, nas rúas do Estremo e da Unión e nos Xardíns de Valle-Inclán. Habilitarase tamén unha área exclusiva para o divertimento das crianzas.

Máis información e reserva da praza no obradoiro de marisqueo a pé a través das seguintes canles: de maneira presencial na propia oficina do turismo (no horario indicado con anterioridade); telefonicamente no 981843280 (marcando a extensión 2035), 687482835 ou 671090262; e no enderezo electrónico turismo@apobra.gal.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.