A Pobra acolle esta “finde” a Feira Mariñeira (e novos obradoiros de marisqueo)

12 Xullo 2024

Un total de 14 persoas procedentes de distintos puntos da xeografía galega e do resto do territorio nacional experimentaron na súa pel o oficio das mariscadoras grazas ao obradoiro de turismo mariñeiro de balde que tivo como escenario a praia dos Areos na mañá deste 12 de xullo. Estes talleres arrancan coa Semana do Mar que se vive de maneira especial nesta fin de semana coa feira mariñeira que engalana e dinamiza o centro urbano da Pobra do Caramiñal.

Dende a Concellaría do Turismo apóstase un ano máis pola Semana do Mar dentro da axenda estival A Pobra do Caramiñal: vive a experiencia… como unha ferramenta que, se ben ofrece alternativas de ocio, tamén pretende divulgar o característico nexo do municipio co litoral e a influencia deste en distintos ámbitos.

Aproximadamente 40 postos de artesanía e alimentación están do 12 ao 14 de xullo repartidos entra a praza Victoriano García Martí, o Cantón da Leña, as rúa do Estremo e Unión e os Xardíns de Valle-Inclán. Ademais, as crianzas contan cunha área exclusiva para o seu divertimento dentro deste particular mercadiño.

Os obradoiros de marisqueo a pé proseguirán ao longo do verán, sempre en horario de mañá: 19 e 24 de xullo, así como o 2, 8, 16 e 30 de agosto. O prezo para estes días é de 12 euros por persoa adulta e de 6 euros para menores de 10 anos. Poden formalizarse as inscricións de maneira presencial, na oficina do turismo, situada na Casa Mariñeira (de luns a venres, de 09.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.00 horas, e nos sábados, de 10.00 a 14.00 horas); no enderezo electrónico turismo@apobra.gal; ou nos teléfonos de contacto 981843280 (marcando a extensión 2035), 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.