A nova feira Artemar de Ribeira encherá de postos a arteria principal da cidade: dende o cruceiro da Saúde até Bandourrío

23 Xullo 2024

Na mañá deste 23 de xullo o segundo tenente de alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentaron unha nova edición da feira de artesanía e cultura mariñeira Artemar, prevista para os días comprendidos entre o 15 e o 18 de agosto e que contará con preto dun cento de stands de venda de produtos, así como espectáculos infantís, animación de rúa e exhibicións nocturnas a cargo da empresa AMB, que está especializada neste tipo de eventos.

Suárez-Puerta informou das novidades de esta edición: “Por unha parte indicar que a rúa de Galicia, como é habitual, será a principal zona dos postos da feira e actividades complementarias, pero nesta ocasión prescindiremos do entorno da praza do Concello (motivado principalmente polas obras na zona) e alongaremos a feira dende o cruceiro da Saúde na rúa de Galicia até chegar a Bandourrío e a praza de Pontevedra”.

Tamén aludiu que respecto de anteriores edicións tamén incrementaranse as animacións das rúas, os obradoiros infantís e os espectáculos nocturnos, xa que haberá un mínimo de 3 horas de talleres infantís o xoves (primeiro día) e un mínimo de 6 horas de talleres cada un dos demais días (venres, sábado e domingo) así coma dous espectáculos nocturnos cada noite.

Segundo explicaron, a empresa organizadora deberá reservar un mínimo de metros do percorrido para postos de artesáns ou empresas con domicilio fiscal no concello de Ribeira, aos que se lle aplicará unha bonificación do 50% sobre o prezo xeral pola instalación do posto, “polo que animamos a aquelas empresas ou artesáns interesados a contactar coa empresa nestas semanas previas para participar na feira, e facilitarémoslles o contacto nas concellerías de Turismo e Festexos (Oficina de Turismo ou Centro Cultural Lustres Rivas)”, sinalaron.

Suárez-Puerta recordou que “é importante a participación das empresas locais, tamén importante é a participación da veciñanza, por iso dende aquí animamos á cidadanía a implicarse na celebración e desfrute desta feira, e que acudan con vestimenta relacionada co mundo mariñeiro e da pesca”.

A feira comeza un xoves, nos días previos desa semana comezará a instalación da decoración e dos postos para que dea tempo a ter todo listo polo que “se agradece a colaboración veciñal neste senso”, sinalou Suárez-Puerta, que engadiu que no treito polo que discorra a feira garantirase o paso dos veciños os garaxes, vivendas, e en todo caso tamén aos vehículos de emerxencias. Tamén se reforzará o servizo de recollida de lixo e limpeza nas zonas da feira.

Amais, editaranse folletos coa programación específica que se poderán recoller uns días antes en distintas instalacións municipais como a oficina de turismo, o Centro Cultural Lustres Rivas, a Casa do Concello, etc.

Horarios

· O xoves a apertura oficial será ás 18:00h con peche a medianoite e contarase cun pregón inaugural cuxa/o protagonista será desvelada/o unha vez se teña pechado o programa definitivo.

· O venres, sábado e domingo estará aberta de 12 a 15h e de 18 a medianoite, con posibilidade de alongar o peche ata as 2 da madrugada na fin de semana.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...