A Deputación da Coruña apoia con 5.000 euros o Festival Noites de Jazz de Rianxo

03 Xullo 2024

A Deputación da Coruña apoia con 5.000€ o Festival Noites de Jazz de Rianxo, que se vai desenvolver este ano do 30 de xullo ao 02 de agosto no Campo de Arriba.

O Festival Noites de Jazz de Rianxo, como tal, naceu no ano 2017 co ánimo de recoller o labor realizado ao longo de máis dunha década de propostas illadas, ciclos de concertos e mesmo actividades formativas arredor deste xénero musical que foron medrando e asentándose nas programacións anuais do noso Concello. Hoxe é xa unha referencia dos eventos jazzisticos no país.

O programa do festival comezou xa este 2 de xullo cunha jam sessión en formato aberto a cargo do Combo de Jazz do alumnado da Escola de Música de Rianxo. Contouse coa presenza do mestre Bernal Muíños, músico e profesor rianxeiro amais de integrante do cuarteto TbA. O concerto celebrouse no Café A Lareira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.