O circuíto de O Maio, en Esteiro (Muros), acolleu na tarde deste domingo 21 de xullo a celebración do Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, que este ano festexa a súa 35ª edición. Na competición inscribíronse un total de 80 vehículos. Achegamos os nomes das carrilanas gañadoras deste 2024.

Categoría infantil. Escudería: Kitos Sport. Pilotada por Pablo Molinos Buján (quen tamén gañou na mesma categoría no 2023) e Xoel Buján Quesada.
Categoría carrilana lenta. Escudería: A JavillaPilotada por Juan Francisco Dosil e Iria Mercedes Lorenzo.

Categoría carrilana rápida Escudería: A Xeilana. Pilotada por: Anxo Gómez (quen tamén gañou na mesma categoría no 2023 e este ano quedou de primeiro na proba Pole Position, celebrada hoxe ás 17h).

Ao finalizar, e coa entrega de premios, celebrarase unha degustación de produtos típicos da zona, con mexilloada incluída. Grazas á colaboración e xenerosidade dos bateeiros da ría, o público asistente poderá gozar de máis dunha tonelada deste molusco na Alameda de Esteiro.



