Unha trintena de persoas percorreron os 16 quilómetros entre Outes e Noia nas andainas polo Camiño a Santiago pola ría

17 Xuño 2024

Un total de trinta persoas participaron onte domingo 16 de xuño na cuarta etapa na das Andainas polo Camiño a Santiago pola ría de Muros Noia, organizadas polo Club de Xubilados de Lousame en colaboración co Concello. A diferenza das tres primeiras, o tempo non acompañou, e a choiva restou afluencia á andaina de 16 quilómetros entre as localidades de Outes e Noia.

A expedición partiu desta vez da estación de autobuses de Noia, onde colleron un autocar ata o veciño concello de Outes, dende cuxa casa consistorial iniciaron os 16 km de percorrido polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia ata o punto de partida. Unha andaina encabezada polo presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto; quen estivo acompañado polos técnicos municipais de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, e de Deportes, Germán Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.