Rois organiza este sábado unha festa infantil para a apertura da piscina municipal que estrea área para bebés

28 Xuño 2024

O Concello de Rois celebra este sábado 29 de xuño a apertura da nova piscina nas instalacións municipais da Senra cunha gran festa infantil.

R

Nestes primeiros chapuzóns da temporada a cativada poderá gozar dunha sesión de inchables acuáticos que recibirán á rapazada coa apertura de portas a partir das catro da tarde. Logo dos baños, a diversión continuará para toda a familia co espectáculo de picadiscos de María Faltri, unha proposta para achegarse a algúns contos cantando e bailando. O comezo está fixado para as 19.30 horas.

Durante toda a festa haberá servizo de cantina contas as consumicións (bebidas sen alcol, xeados…) cun prezo de 1 euro.

As persoas usuarias atoparanse, ademais, con significativas melloras. As instalacións municipais suman agora unha piscina de escaso calado para a rapazada que aínda non sabe nadar e nos vindeiros días ampliará tamén o seu perímetro para que as persoas usuarias poidan desfrutar de maior espazo para tomar o sol.

Tamén será máis fácil aparcar logo de botarlle formigón á rampa que sube á zona de parking e se mellorará en accesibilidade con elementos como unha varanda nas escaleiras da entrada ou sinalizacións para as persoas que padecen algún tipo de discapacidade visual.

Combater o calor na piscina da Rois volverá ser gratis e as instalacións abrirán pola tarde de 16.00 a 21.00 horas ata o 15 de agosto. Despois, e ata o seu peche en setembro, o horario acurtarase media hora, funcionando entre as 16.00 e as 20.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.