Presentación das Festas do Carme de Aguiño 2024

28 Xuño 2024

A comisión de festas de Aguiño acompañados de concelleiros municipais presentaron este venres as festas do Carme 2024 que se celebrarán do 13 ó 16 de xullo.

C.R.

Hoxe déronse cita no monumento aos pescadores de Aguiño o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suarez-Puerta, o concelleiro de Mar Fernando Abraldes, o presidente da comisión de Festas, Raúl Santos maís compañeiros da comisión para informar das Festas do Carme de Aguiño 2024.
Raúl Santos informou que este ano se disporá de catro días, o sábado 13, o domingo 14, o luns 15 e finalmente o martes 16 día do Carme, “o sábado temos inchables e festa da espuma para a rapazada, pola noite unha festa máis xuvenil co DJ Mateo Abelleira, o domingo gran sardiñada, pregón e Pili Pampín, o luns 15 a París de Noia máis Planet Disco Movil. O martes 16 día do Carme ás 11:30 h misa solemne e procesión marítima, Tania Veiras e sesión de fogos de artificio” Fernando Abraldes informou que como novidade este ano concellería de Festexos e concellería de Mar idearon dispoñer dun catamarán para acompañar á virxe ata a Forcadiña con capacidade de 200 persoas, Abraldes anima a embarcacións de parroquias veciñas a sumarse á procesión marítima.
Suarez-Puerta como concelleiro de Festexos felicitou polo gran traballo á comisión por ter unha programación de primeira e anima a xente a gozar das grandes festas do Carme de Aguiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.