O Museo Valle-Inclán da Pobra inicia a tempada alta con máis de douscentos visitantes

20 Xuño 2024

Co mes de xuño comezou a tempada alta de visitas ao Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Nas últimas semanas pasaron pola Torre de Bermúdez, sede do Museo, máis de duascentas persoas entre visitas grupais concertadas e o público que atrae habitualmente esta institución.

A axencia de viaxes Bivestour, de Vigo, descubriu este ben de interese cultural (BIC) no día 6, mentres que alumnado de bacharelato do IES Monelos, da Coruña, fixo o propio no día 18. Da man do director deste museo, Antonio González, coñeceron as singularidades deste histórico edificio, os fondos excepcionais que atesoura e afondaron na traxectoria vital e literaria de Ramón del Valle-Inclán. E, precisamente, para que dispoñan sempre de información sobre este inmóbel, recibiron cadansúa guía.

Esta acción enmárcase na liña estratéxica da Concellaría da Cultura para divulgar a biografía e bibliografía do escritor, os recursos inéditos e orixinais da institución valleinclaniana e contribuír á dinamización cultural da vila.

Como información de interese para futuras visitas, adáptase o horario á demanda das persoas usuarias durante o período estival: de martes a sábado, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 20.00 horas. Para outros servizos e consultas tamén están ao dispor os teléfonos de contacto 981831662 e 681173484, ademais do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.