O monte de Filgheiras acolle este sábado a III Romaría das Fousas

12 Xuño 2024

O monte de Filghueiras (Taragoña, Rianxo) acolle este sábado 15 de xuño a terceira edición da Romaría das Fousas, unha celebración cultural, saudábel e ambiental que xunta deporte, música e faladoiros nun único escenario, todo co obxectivo de “desfrutar dunha xornada festiva e reinvindicativa no noso monte”.

Este evento é organizado polo Movemento Veciñal Fousas ao Monte, coa colaboración do Concello de Rianxo, Quinteiro Doce, Fesba e O Curral do Marqués.

As actividades no monte Filgheiras comezarán ás 11.00 da mañá, cun biathlón de toxeira e xogos populares, seguido dun faladoiro medioambiental ás 12.00 horas. Ás 13.00 horas dará comezo a charanga a cargo de Guarimaná, e ás 14.00 será a quenda das picadiscos Maruxa e Coralia. Logo será a hora do xantar popular con churrasco e hamburguesas premium low cost.

Pola tarde, celebrarase ás 16.00 horas un obradoiro de trepa e tirolina, e ás 17.00 está programado un concurso e un bingo musical.

Ás 18.00 actuará o DJ Bañu Txeku.

Ás 19.00 a xornada terá un dos seus intres álxidos cos concertos de Pecha A Cansela e Ulex.

A xolda festeira terá o seu broche de ouro ás 21.00 horas con Estaka Dillei’s.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.