O Concello de Muros presenta o seu programa de visitas guiadas para este verán 2024

07 Xuño 2024

O Concello de Muros presentou este venres 7 de xuño o seu programa de visitas guiadas durante o verán, unha iniciativa aberta a veciños e visitantes para coñecer o patrimonio histórico, cultural e natural da vila.

“As visitas teñen cada vez máis demanda, hai un gran interese por coñecer mellor o noso casco histórico, as praias de Muros por mar, a antiga conserveira de Sel ou o petróglifo de Laxe das Rodas”, explicou Caridad González, tenente de alcaldesa e concelleira de Turismo.

O casco histórico poderá visitarse os martes de xullo e agosto ás 11:30 horas desde Curro da Parra, programándose tamén visitas nocturnas os venres 9 e 23 de agosto (desde as 22:30 horas no mesmo punto de encontro).

Os mércores de xullo e agosto serán as visitas ao Museo do Mar, antiga conserveira de Sel, tamén ás 11:30 horas, mentres que a visita ao petróglifo de Laxe das Rodas será nocturna o venres 21 de xuño e os venres 2, 16 e 30 de agosto. Ás 22:30 horas desde o colexio de Louro.

Para participar nestas visitas, é necesario anotarse na oficina de turismo ou chamando ao 981 826 050 (extensión 2). Deben anotarse un mínimo de 7 persoas para que se realicen.

Por último, os percorridos polas praias e calas serán os venres de xuño a setembro ás 16:00 horas. É unha novidade deste verán e serán marítimas. 14 prazas como máximo e saída desde o peirao flotante. Información e inscrición no 677 922 902.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.