O Concello de Muros presenta o programa das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira: “Muros Mira ao Mar”

14 Xuño 2024

O Concello de Muros compartiu na mañá deste venres 14 de xuño a programación completa das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira, as xornadas Muros Mira ao Mar, que se celebrarán os días 5, 6 e 7 de xullo. Na presentación participaron a alcaldesa de Muros, María Lago; a tenente de alcaldesa e concelleira de Cultura, Caridad González; a concelleira de Ensino e Lingua, Laura Rivadeneira; o concelleiro de Deportes, Damián Torea, e David Pastoriza, técnico de Cultura. Segundo fixo saber a rexedora, “estamos ante unha das grandes citas do ano en Muros, cunha programación para todas as idades na que o mar e a pesca están sempre presentes, dous sinais de identidade do noso pobo”.

Pola súa parte, Caridad González destacou “a variedade das actividades, con música, obradoiros, exposicións, charlas, teatro ou visitas guiadas”.

Segundo detallaron, a xornada do venres 5 inclúe un concurso de pesca, un obradoiro de marisqueo a pé, mostras de traballos artesanais, un concurso de empanada mariñeira, carreira de ovos e, para rematar o día, o concerto de Guadi Galego e conxuro da queimada.

O sábado, haberá unha demostración gastronómica (showcooking) de mexillón, mercado, visitas guiadas, circo da man de Kote Malabar e un fin de festa con Longarela, Ximiela, Faltriqueira, Xeitura e Agrocovo.

Na xornada do domingo, veciños e visitantes poden asistir a unha exposición de roupa de baile galego, maxia con Dani García, concurso de tapas mariñeiras e, ás 23:00 horas, o concerto de Banda Xangai.

O Cine París e a antiga Fábrica de Sel acollerán exposicións e no Museo do Mar celebrarase unha charla sobre a diáspora mariñeira. Haberá numerosos obradoiros infantís e actividades de narración oral na rúa.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...