“Non é iso, non é iso trabúcanse”. Antón Luaces

22 Xuño 2024

Dende o clásico “pezqueñines no, gracias” dos anos 80 do sèculo pasado, a outras campañas de corte semellante desenvolvidas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, os distintos gobernos españois nunca apoiaron con convencemento ao sector pesqueiro, limitándose cada ano ao consabido comentario relativo ao resultado do tradicional Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da UE que sempre se valorou positivamente dadas as previsións que se facian en relación cos TAC e cotas correspondentes ao ano novo.

“España acada un bo resultado”, “O potencial pesqueiro español, recoñecido nas novas cotas de pesca da UE”, e titulares semellantes para limar as asperezas emanadas do sector da pesca no que se evidenciaba constantemente que o parque do Retiro non tiña -nen ten-  mar e si unha ben fermosa lagoa moi arborada.

Tampouco agora, hoxe en día, o goberno que preside Pedro Sánchez, amosa unha mínima sensibilidade cara un sector, o pescador, marisqueiro e conserveiro que, amáis de dar traballo a milleiros de homes e mulleres en todo o bordo litoral (7.905 quilómetros) incide en 10 comunidades autónomas, dúas cidades autónomas, 25 provincias e 428 municipios. A poboación total ocupada na pesca e a acuicultura españolas supera escasamente as 39.000 persoas, ás que -para sermos xustos- compre sumar un mínimo, en Galicia, de seis mil mulleres que desempeñan o seu labor nas fábricas de conserva, e outras tantas no subsector do marisqueo, asimesmo en Galicia.

Con estos datos riba da mesa non se pode calar a decepción coa que o sector pesqueiro ven de acoller a non inclusión dos produtos da pesca entre aqueles alimentos aos que nin se lles vai aplicar o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).

Os produtgos do mar, ao igual que as conservas de peixe e marisco, semellan non gozar da atención do Goberno no que atinxe á súa promoción para o consumo, como tampouco a ten para a aplicación das rebaixas fiscais que sí se verán aplicadas noutros alimentos que nada teñen que ver co sector marítimo-pesqueiro por máis valor nutritivo que teñan (como tamén o teñen o peixe, as conservas e o marisco). A este sector aplícaselle un IVE do 10%, mentres que os outros -como os do pan, as patacas, o leite, as verduras e froitas, etc.- ese IVE ten, cando non unha rebaixa total, sí a do 4%.

Por que os alimentos que proceden do mar -demostrado o seu valor nutritivo- non se beneficia dos mesmos códigos que son de aplicación no sector agroalimentario?. É que, acaso, non son alimentos saudables ao tempo que de alta demanda polos cidadáns españois?, xa non hai aposta favorable do Goberno a prol da inxesta de peixe?.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.