Música tradicional, tributos e grandes orquestras conforman o programa das Festas do Verán 2024 de Boiro

21 Xuño 2024

Este venres foron dados a coñecer os detalles da que sería a primeira gran festividade do verán da nosa comarca: as Festas do Verán de Boiro, edición 2024, que se celebran entre o 5 e o 10 de xullo. O programa foi debullado polo alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, que fixeron saber que a axenda mestura a música tradicional, os tributos e as actuacións de grandes orquestras nun programa confeccionado polo departamento municipal de cultura para todos os públicos con actuacións en tres escenarios.

O programa de actividades comeza o venres 5 de xullo co pregón, que este ano está dedicado ao sector téxtil e “ás moitas as xeración de mulleres que se dedicaron en Boiro a este tecido produtivo nas catro fábricas que tivemos, as factorías Madó, Maperlán, Permist e Jealfer, e que fixeron de Boiro un lugar destacado gracias a este feito socioeconómico”, recoñeceu o alcalde.

O programa do venres completarase coa actuación da orquestra Gran Parada, o concerto de Lontreira e a IV Remember Fest de Peñas Boiro.

A axenda continúa o sábado con dianas e alboradas e actividades pola mañá como é a tradicional malla do centeo, que este ano será na praza do Centro Social con actuacións de grupos tradicionais e, pola noite, orquestra Origen e Tributo a Dire Straits na praza do Concello e concerto de Dios Ke Te Crew no Centro Social.

O domingo haberá tamén baile galego na praza do Centro Social e sesión vermú coa Treboada Baixo Minho; pola tarde concerto de boleros cos Trobeiros da Ponte na Praza do Centro Social e actuación do grupo A Misela; Tributo a Rocío Jurado na praza do Concello e Orquestra Suavecito e gran tirada de fogos de artificio, que este ano será ás 00.15 horas na praia de Barraña.

O luns a actividade das peñas comeza ás 12.00 horas no parque da Cachada, onde se prolongará ata pola tarde con sesións DJ. Xa pola noite concerto Tradi na Praza do Centro Social e orquestas Assia e Charleston na praza do Concello.

O programa do martes traerá un espectáculo infantil pola mañá na praza do Centro Social e continúa pola noite coas orquestras Paris de Noia e Marbella na praza do Concello e concerto de Anxo Araújo na praza do Centro Social.

As Festas do Verán 2024 chegan ao seu remate o mércores 10 de xullo con alboradas e espectáculo infantil pola mañá e pola noite Orquestra Baravú Xangai na praza do Centro Social e tributo a Tina Turner e DJ Matrek Show na praza de Galicia.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, destacou deste programa a “variedade de espectáculos para todos os públicos con actividades infantís, música tradicional, tributos, orquestras e as actividades que programa Peñas Boiro para un público máis mozo e tamén a colaboración das nosas asociacións e grupos tradicionais”.

Pola súa parte, o alcalde José Ramón Romero, agradeceu o importante traballo que fan dende o departamento de Cultura para programar estas grandes Festas do Verán e destacou “o espectáculo piromusical do domingo pola noite que cada ano nos sorprende máis”.

Programa completo

Venres 5 de xullo

20.00h – foguetes dando comezo ás Festa de Boiro

20.30h – pasarrúas coa charanga Mekánica Rolling Band

22.00h – Pregón na praza do Concello en homenaxe ao sector téxtil de Boiro

23.00h – concerto de Lontreira na Praza do Centro Social

23.00h – orquestra Gran Parada na Praza do Concello

23.00h – IV Remember Fest no Parque da Cachada con Marcos Magán, Xacobo (Mínimo Eventos), Mario e Vicente One More Time

Sábado 6 de xullo

10.00h – alborada a cargos dos Pequenos do Barbanza e Caraveiros

12.00h – Malla de centeo e baile galego na praza do Centro Social a cargo dos grupos Abrañeira, Aroña, Xilbarbeira e Lumieira

22.00h – Orquestra Origen na praza do Concello

23.00h – concerto Dios Ke Te Crew na praza do Centro Social

23.30h – Alchemy Project, tributo a Dire Straits na praza do Concello

01.30h – Orquestra Origen, segundo pase

Domingo 7 de xullo

10.00h – alborada a cargo de Ar de Loureda

12.00h – baile galego na praza do Centro Social a cargo dos grupos Abeloura e Grupo de baile de Abanqueiro

12.00h – sesión vermú ca Treboada Baixo Minho

19.00h – concerto de boleros na praza do Centro Social cos Trobeiros da Ponte

20.00h – concerto do grupo A Misela na praza do Centro Social

22.00h – tributo a Rocío Jurado interpretado por Blanca Villa na praza do Concello

00.15h – gran tirada de fogos de artificio con espectáculo de danza e música na Praia de Barraña

01.00h – orquestra Suavecito

Luns 8 de xullo

10.00h – alborada a cargo do grupo Arume

12.00h – cantos de taberna co grupo Os da Boina

12.00h – Dia das peñas no Parque da Cachada

12.30h – festa infantil na parte alta do parque da Cachada (espazo monitorizado. Inchábeis)

13.45h – festa da auga e mangueirazo de honra

14.00h – sesión vermú con Bruno Deejay

15.30h – xantar peñeiro

17.00h – sesións DJ con Manu X, Rubén, Marcos Magán, SonIc

22.00h – concerto Tradi con Nunca é Tarde na praza do Centro Social

22.00h – orquestra Charleston na praza do Concello

23.00h – orquestra Assia na praza do Concello

Martes 9 de xullo

10.00h – alboradas a cargo do grupo Arume

12.00h – espectáculo infantil na praza do Centro Social “A maxia de Ian e Elisa”

12.00h – cantos de taberna ca Dorniña de Abanqueiro

22.00h – orquestra Paris de Noia na praza do Concello

23.00h – concerto de Anxo Araújo na praza do Centro Social

23.30h – orquestra Marbella na praza do Concello

01.00h – París de Noia, segundo pase

02.00h – Marbella, segundo pase

Mércores 10 de xullo

10.00h – alboradas a cargo do grupo Arume

12.00h – espectáculo infantil “Moco Moc” na praza do Centro Social

12.00h – cantos de taberna coas Cantareiras Xoaniñas

22.00h – Show de DJ Matrek Show na praza do Concello

23.00h – concerto da orquestra Bravú Xangai na praza do Centro Social

23.30h – The Replicants Experience, tributo a Tina Turner na praza do Concello

01.30h – DJ Matrek Show

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.