Milleiros de persoas manifestáronse en Pontevedra contra as celulosas de ENCE e Altri

16 Xuño 2024

Milleiros de persoas chegadas de toda Galicia participaron este domingo nas marchas a pé entre Pontevedra e Marín en contra da presenza das celulosas no noso país.

Avogan pola desaparición de ENCE en Pontevedra e defenden a “re-naturalización da zona” afectada pola presenza da celulosa na ría.  A este reivindicación sumouse o seu rexeitamento a que a empresa portuguesa Altri se instale en Palas de Rei amenazando, segundo eles, o seu xeito de vida e os seus recursos naturais. Din que o obxectivo común para esixir que se desmantele Ence na ría e que o proxecto de Altri non se aprobe é compartir un futuro sustentable para as persoas, cunha explotación racional dos recursos.

Na Ulloa existen preto de 130 explotacións agrogandeiras e ademais de centro xeográfico de Galicia é punto de paso do Camiño de Santiago

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...