“Marcando territorio baixo a choiva de Roma”. Antón Luaces

10 Xuño 2024

Incontestable: cando aínda queda máis dun mes para a final olímpica de París 2024, a ribeirense Ana Peleteiro festexa coa súa familia os 14,85 metros acadados en triplo salto a pasada fin de semana, en Roma. Todo aberto, máximo após este trunfo europeo.

Foi un estourido de felicidade o que percorreu -e aínda percorre- Galicia e España enteira, de xeito sumamente especial a comarca do Barbanza, nomeadamente o concello de Ribeira onde as augas da ría de Arousa revitalizan a Ana e os seus: Benjamín Campoare, o seu marido (e coma ela, tamén atleta) e Lúa, a filla de ambos os dous que xa vai camiño dos dous aniños.

No amplo historial atlético de Ana Peleteiro hai unha aposta clara que a atleta ribeirense foi cubrindo etapa a etapa con catorce campionatos de España -aire libre e pista cuberta- aos que debemos sumar un mundial en pista cuberta e o europeo de 2018, europeos tamén en pista cuberta de 2019 e 2021, o olímpico deste mesmo ano 2021, o mundial de 2024 en pista cuberta e o europeo deste mesmo ano que sinalan a historia.

A atleta olímpica de Barbantia, coa súa parella Benjamín e a filla de ambos os dous, Lúa, celebraron xuntos e de xeito especial, esta nova fazaña de Ana Peleteiro. Foi, segundo recollen distintos medios de comunicación, “unha das noites máis especiais da miña vida. Grazas Roma, pero sobre todo grazas a todos os que sempre estades ao meu carón. Isto só é o principio”, dixo unha Ana que debe ter motivos para o aseverar xusto cando unha outra vez fai historia aos poucos meses de acadar o podio máis alto no terceiro Campionato Mundial de Atletismo en Pista Cuberta de 2024, en Roma. Unha presea que abre todas as posibilidades para os Xogos Olímpicos de xullo e agosto na capital de Francia, con posibilidades de se facer co seu primeiro ouro mundial en triplo salto. E a só dous centímetros de bater o seu propio récord nacional de España: 14,87 metros.

Forza, Ana!!.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.