Este luns San Xoán, festivo local en Boiro, Serra de Outes e Muros, mantense a influencia anticiclónica con entrada de aire cálido en superficie. Deste xeito, teremos o ceo despexado en xeral. Entrada de brétemas polo litoral á noite. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso cehgando ós 28-30 graos. O vento soprará frouxo do nordés, moderado no litoral.

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



