“Incertezas que non desaparecen en Argentina para as empresas pesqueiras galegas” – Antón Luaces

17 Xuño 2024

Non está Arxentina, unha outra vez, en disposición de ratificar a estabilidade necesaria que demandan as empresas galegas que operan naquel país tan sumamente vinculado ao acaecer dunha importante frota que xera máis de 5.000 empregos no país suramericano e cuxa actividade transcende asimesmo a Galicia e, consecuentemente, a España. 

Segundo manifestaba recentemente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda -que viaxou, como se lembrará, a Arxentina- rematan as “incertezas” e chega a “tranquilidade” que precisan as pesqueiras con capital galego que interveñen directa ou indirectamente no devir arxentino e que o primeiro mandatario do país austral, Javier Milei, formulaba máis nada asumir a presidencia arxentina na Casa Rosada, perfectamente coñecida dende moitos anos atrás polos armadores de buques de pesca de propiedade galega, que serviron de guía a moitos dos seus colegas daquel país sempre cualificado de “irmán”.

A “tranquilidade” para os galegos foi “asegurada” polo propio presidente Milei, quen trasladara ao presidente da Xunta unha mensaxe en tal senso, desbotando as incertezas e garantindo  polo tanto o mantemento da “estabilidade que demandan as empresas galegas”.

Estas empresas son coñecedoras desa mensaxe ratificada posteriormente polo subsecretario de Pesca arxentino, Juan Antonio Cazorla, con quen Alfonso Rueda abordou o tema na súa recente viaxe á capital de aquel país, recibindo garantía de seguridade  neste senso e a respecto do futuro, aló,  das devanditas empresas.

O que non sei é se, após as medidas de tipo legal e económico por Milei decretadas días pasados, uns e outros poderán garantir esa seguridade en materia tan importante como é a pesca en augas arxentinas e por buques de sociedades mixtas. Porque actualmente semella non estar nada claro como van desenvolverse as regras de xogo por exemplo en materia de competencia.

Non haberá trocos?, quen garante a estabilidade nun país que, unha outra vez, semella entrar no vieiro da incertidume económica e social e mesmo da confrontación neste caso co Goberno español?. 

Falamos dunha estabilidade sen a que, en Arxentina, ninguén  pode garantir eses máis de 5.000 postos de traballo que xera a frota arrastreira -conxeladora galega-. Unha frota cuxo futuro está, sen dúbida, nas mans dun presidente que comeza a sentir de preto a presión cidadá ata o de agora impensada.

Outros artigos

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...

+

“Homenaxe ao doutor Sixto Seco” – Xosé González Martínez

Cando o correlixionario e amigo Luís Soto Fernández, fundador da UPG, puido volver do exilio mexicano, facíao todos os anos pola primavera. Acudía sempre a recollelo ao aeroporto. Camiño da súa natal Vilanova dos Infantes, faciamos unha parada na igrexa conventual de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Solidariedade e humanidade” – José Manuel Pena

“Solidariedade e humanidade” – José Manuel Pena

Algunha xente continúa cunhas mentalidades moi pechadas e pouco empáticas cos problemas e as vivencias doutras persoas que padecen situacións difíciles ou complicadas. Algo similar sucede cos menores migrantes, non acompañados que chegaron ao noso país, en busca de...

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

Cuando el Payaso llora. A punto de salir a pista, tras las cortinas, los últimos minutos, la tele habla de los niños asesinados en Gaza, el bombardeo cruento del Hospital en Ucrania, tanta muerte inocente. Al payaso le cae una lagrima, recorre su mejilla dejando...