En Outes o Concello limpa a acondiciona campos de festas, pistas e áreas de lecer

03 Xuño 2024

O Concello de Outes fixo balance, neste punto de inflexión entre maio e xuño, das recentes actuacións levadas a cabo pola brigada municipal de obras e servizos para acondicionar, limpar, rozar e poñer a punto espazos públicos e de lecer, infraestruturas e equipamentos.

O Concello compartiu a listaxe de actuacións desenvolvidas en maio que incluímos a continuación:

-Acondicionamento de espazos para festas en Lantarou para a Virxe das Dolores, en San Lourenzo de Matasueiro para San Paio, en Tarás para Santa Lucía e en San Cosme de Outeiro para o Corpus.

-Arranxo de pistas de saburra e drenaxe en zonas nas que adoitan saír fochancas.

-Roza de espazos públicos, paseos, áreas verdes e contorna de edificios municipais.

-Actuacións de mantemento en paseos marítimos, muros e ramplas nas praias.

-Limpeza de monumentos.

-Arranxos e renovacións de cableado nalgúns tramos do alumeado público.

-Mantemento en pozos de bombeo do saneamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.