En Noia rescate dun escalador nos sendeiros da Central Hidroeléctrica do Tambre

12 Xuño 2024

O ferido é unha persoa de 39 anos, atopábase consciente e orientado a pesar da aparatosidade do golpe.

Nun rescate nunha zoa de difícil acceso vai ser mobilizado un equipo multidisciplinar co fin de garantir o rescate de forma segura para a vítima e seguro para o equipo intervinte. Bombeios Boiro e Ribeira

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro e o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ribeira realizaron un rescate a un escalador nos sendeiros da Central Hidroeléctrica do Tambre, no Concello de Noia

O escalador caeu desde uns 9 metros ao chan e foi trasladado consciente ao centro hospitalario cunha posible lesión lumbar.

O accidente aconteceu nunha zona pola que adoitan transitar senderistas, nunha ladeira do monte. O afectado practicaba a escalada xunto a un grupo de afeccionados equipados para esta práctica. Os servizos de emerxencias tiveron que inmobilizalo e portearlo en padiola por un carreiro sinuoso ata a ambulancia.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.