DAGA Barbanza organiza este sábado un obradoiro práctico sobre propóleos e cosmética baseada no mel

11 Xuño 2024

A delegación da nosa comarca da Asociación Galega de Apicultura (DAGA do Barbanza-Salnés) vai organizar esta tempada un curso práctico con formato de obradoiro sobre propóleos e cosmética apícola. Será unha actividade presencial fixada para este sábado 15 de xuño na Pobra do Caramiñal, no local de Abellamel (número 1 da rúa Condado). O obradoiro, que ten as prazas limitadas, desenvolverase en horario de mañá e de tarde: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas. Quen precise máis información pode solicitala a través do número de teléfono 609 831 755 (Delegación AGA Barbanza-Salnés) ou do correo electrónico dagabarbanza@elmuelle.es.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...