Estes mes de xuño a asociación Ambar, entidade inclusiva da comarca do Barbanza, impartirá dúas sesións informativas e formativas arredor do emprego en dúas localidades da nosa contorna. A primeira das sesións será este mércores 19 de xuño no Auditorio Municipal de Rianxo, de 10:00 a 12:00 horas, e a segunda o 26 de xuño no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, de 16.00 a 18.00 horas. O obxectivo desta dupla xornada no Barbanza é proporcionar e mellorar as ferramentas necesarias para as mulleres con diversidade participantes, facilitando a procura de emprego activo aproveitando a demanda de empresas estacionais. Compre confirmar asistencia no 981 87 44 80 ou mandando un correo electrónico a empregoinclusivo@ambar.org.




