A cidade de Santiago, estandarte dos estilos románico e barroco, agochaba tras os muros do San Martiño Pinario unha xoia da arquitectura modernista da que sabían moi poucos cidadáns. É o denominado Pavillón Historicista, que agora abre ao público como un novo espazo cultural e de exposicións.
E un pavillón de estilo modernista, oculto tras os muros do segundo mosteiro máis grande de España (o primeiro é o do Escorial). O pavillón foi construído entre mediados do XIX e comezos do XX para unha exposicion rexional e, despois, usado como almacén de albanelería, obradoiro de cantería e alboio. A rehabilitación foi un proceso de indagar en cen anos de historia, documentarse, retirar os postizos e conservar a esencia.
O pavillón, de 800 metros cadrados en madeira e cristal, foi rehabilitado para uso cultural e actividades sociais.