A Deputación celebra o Día Europeo da Música con concertos en Cabana, Ribeira, Muros e A Coruña

06 Xuño 2024

O Teatro Colón da Coruña acolleu este 6 de xuño a presentación da Festa da Música, organizada pola área de cultura da Deputación da Coruña para celebrar o Día Europeo da Música. A entidade provincial programará concertos de A Sombra dos Soños, Noar, MJ Pérez, Caldo e Moura en catro concellos da provincia os días 15, 20 e 21 de xuño.

Programación da Festa da Música
Concretamente, a Festa da Música comezará o día 15 en Cabana de Bergantiños coa actuación de A Sombra dos Soños ás 22:30h no local social de Canduas; continuará o día 20 con Noar no Auditorio de Ribeira ás 11h; o 21 con MJ Pérez ás 22:30h na praza do Mercado de Muros, e rematará o 22 co concerto conxunto de Caldo e Moura ás 20h no Teatro Colón. Para este último, podemos retirar as entradas na páxina web de ataquilla ou no quiosco da coruñesa praza de Ourense.

A deputada de cultura, Natividade González, destacou “o apoio á música en galego” que se fai dende a Deputación, “un compromiso que asumimos para poñer en valor a nosa cultura e identidade”. Ademais, apuntou, “para nós é un pracer contar cun cartel de tan alto nivel como este”, nunha iniciativa na que “traballamos conxuntamente cos concellos para programar música de artistas galegos e que a veciñanza da provincia a poida palpar.”

MJ Pérez agradeceu formar parte da Festa da Música, onde participará cun concerto “da xira de nada menos que o décimo aniversario”, con toda a banda, en Muros.

O músico José Carballido, de A Sombra dos Soños, dixo sentirse “contento” de participar neste programa, “que celebra a música e que, ademais, é unha mostra da variedade musical que temos agora mesmo en Galiza, onde vivimos un momento histórico”. José Carballido tamén salientou o labor da Deputación, “fundamental” para “apoiar a creación en galego e visibilizar a nosa cultura”. Convidou ao público a asistir ao seu concerto en Cabana de Bergantiños, que será “fermoso e cañero”.

E, por último, o cantante de Moura, Diego Veiga, subscribiu as palabras de José Carballido, resaltando que se trata dun “cartaz que condensa moi ben o excelente estado de saúde da música galega”. Tamén afirmou que é “un orgullo actuar nun espazo icónico como o Teatro Colón, que nos permite ademais chegar a outro público”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.