A ARE celebra a chegada do verán este venres 28 cunha nova campaña de dinamización comercial e hostaleira

27 Xuño 2024

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) celebra este venres 28, de 19:00 a 22:00 horas, a súa campaña Xa é verán!, iniciativa que ten o obxectivo de “dinamizar o comercio e a hostalería locais, coincidindo coas rebaixas de verán, e está co-financiamento da Xunta de Galicia”. Durante toda a xornada, os establecementos participantes agasallarán aos seus clientes bolsas reutilizábeis personalizadas co lema Fas latexar o noso corazón coas túas compras. “Esta acción non só fomenta o consumo local, senón que tamén promove a sustentabilidade mediante o uso de bolsas sustentábeis”, sinalou a patronal rianxeira.

Para a rapazada… e para maiores

Para os máis pequenos, a diversión está garantida con inchábeis (Campo de Arriba) e obradoiros lúdico-educativos (Xardíns da Martela).

Ademais, a campaña incluirá un divertido photocall de verán onde todas as persoas asistentes poderán facerse fotos e compartilas nas redes sociais co cancelo #xaeveran24. A foto que reciba máis reaccións será recompensada cun agasallo especial. Estará instalado xuntos cos obadoiros lúdico-educativos.

E para rematar a festa, a partires das 21:00 horas na rúa Gudiños, actuación de Martín Reimúndez e José Manuel (Orquesta Abanico) patrocinada por Bar A Roda, Bar O Costillar, Cafetería Saraiba e Toskana.

Segundo explican dende a ARE, “Xa é verán! non só é unha oportunidade para gozar dunha xornada de compras e actividades, senón tamén para apoiar o comercio local e a hostalería de Rianxo”. Estes sectores, engaden, “son fundamentais para a economía da nosa vila, creando emprego e fomentando o desenvolvemento económico e social”.

A ARE convida a toda a veciñanza a participar desta xornada, a “descubrir a ampla e variada oferta dos nosos comercios e a gozar das actividades programadas; é un momento perfecto para apoiar aos nosos comerciantes e hostaleiros, quen día a día traballan para ofrecer os mellores produtos e servizos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.