1ª xornada XXIV Regata Ramiro Carregal Rey Portosín. O veleiro do Real de Portosín trazou un percorrido costeiro impecable tan só seguido de preto por Corsario e Bon III

22 Xuño 2024

Este sábado disputouse a primeira xornada da XXIV Regata Ramiro Carregal Rey, o Gran Trofeo Faro de Corrubedo que organiza o Real Club Náutico de Portosín en colaboración co Náutico Deportivo de Riveira e a Real Federación Galega de Vela.
Proba de travesía, que uniu as dúas rías, a de Muros e Noia e a de Arousa, cun percorrido costeiro de 22 millas náuticas que se completaron en pouco máis de catro horas, todo iso grazas a unha compoñente meteorolóxica que asistiu á organización chegando do suroeste xusto á hora da saída, que foi as 12 do mediodía.
Á convocatoria asistiron 22 veleiros, representantes de entidades náuticas galegas que están a participar na competición que alberga o Campionato Galego de Cruceiros e a Copa de Galicia Zona Norte, por ser puntuable.
Gran regata do barco local de Portosín, o Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez, que dominou a manga de principio a fin, aínda cando non llo puxeron fácil nin o Corsario, de Jorge Durán, do Club de Iates de Vilagarcía, nin o Bon III, de Víctor Carrión, do Club Náutico Punta Lagoa.
Vento algo variable no seu eixo de dirección, que rolaba desde o 240 ao 270, é dicir, de Suroeste a Oeste, e onda de mar de fondo con certa altura desde Corrubedo ata Sagres.
Gran destreza do Siradella, que lidera tamén a División Regata, seguido de Youkounkoun, de Adolfo Castro, do Club Náutico de Portonovo,
e o propio Bon III.

Nos Cruceiro-Regata, o cetro provisional é para o Orión, de Alberto Pérez, do Monte Real Club de Iates de Bayona, coa prata para o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club e o bronce para o Exit Manitú, de Emilio Lago, do Liceo Marítimo de Bouzas.
E, por último, nos Cruceiro, mandato do Galopín, de Manuel Franco, do Náutico de Riveira. Séguelle o Cámping Ría de Arousa, de José
Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte. E pecha o podio o A Píllara, de Iago Ben, do Club de Riveira.
O domingo disputarase, polo menos, unha manga técnica tipo barlovento-sotavento, sendo intención do Comité da Ramiro Carregal
Rey o incluír unha segunda proba, todas elas no interior da Ría de Arousa.
Ao seu termo celebrarase a entrega de premios coa asistencia confirmada en Riveira de Ramiro Carregal. (Juan Caballero)

Foto Autor: Juan Caballero

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...