A Unidade Veciñal de Dodro organiza a Andaina da Cruz do Abelán este 1 de xuño

28 Maio 2024

A Asociación Cultural da Unidade Veciñal de Dodro organiza a Andaina da Cruz do Abelán o próximo sábado 1 de xuño. Farao coincidindo coa XXXIII Romaría da Cruz do Avelán.

Trátase dun roteiro de 11 quilómetros de percorrido polos lugares que rodean o famoso cruceiro de capela do Abelán onde se poderán ver espectaculares vistas do val do Ulla nos seus miradoiros, os petróglifos de Bouza Badín, muíños de auga en funcionamento e pontellas sobre o río da Arregañada.

O percorrido será circular con saída e chegada no lugar de celebración da romaría. As persoas inscritas terán un servizo de avituallamento na metade do percorrido e serán agasalladas cun prato e un vaso conmemorativo da romaría e “poderán comer e beber de balde e desfrutar da festa”, informou a organización.


O prezo será de 15€ e a saída será ás 11h.

A ruta é circular de dificultade baixa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.