Trasladados os dous ocupantes dun vehículo ao envorcar en Rois tras saírse da estrada

05 Maio 2024
Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro colaborou co Ges de Brión, 061 e Garda Civil en accidente con atrapados no Corredor de Noia ao seu paso polo Concello de Rois.

Un helicóptero medicalizado aterrou no lugar dos feitos, sen embargo, os dous feridos, un adulto e un menor, foron evacuados na ambulancia que o Servizo de Urxencias  Sanitarias de Galicia-061 derivou ao punto.

Malia que os Bombeiros de Boiro e o GES de Brión desprazáronse ao lugar nada mais recibir o aviso do 112 Galicia, ante a posibilidade de que algún dos ocupantes estivese atrapado no interior do vehículo, finalmente,  confirmaron que non foi preciso excarcerar.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente dez minutos despois das dúas e media deste mediodía. Os alertadores que contactaron a esa hora co 112 Galicia indicaban que se trataba dunha saída de vía, que o coche envorcara e que quitaran a un neno do interior do vehículo, que circulaba pola CG1-5, quilómetro 19, en Urdilde, no concello coruñés de Rois.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ao punto. Tamén foron informados os Bombeiros de Boiro, os membros do GES de Brión, os axentes de Tráfico e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rois.

Con todo, tras tomar terra a aeronave, os Bombeiros confirmaron que as dúas persoas, o adulto e o menor, puideran ser evacuadas en ambulancia polo persoal sanitario.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.