Sorprendido en Rois un camioneiro sen carné nin permiso de actividade que deu positivo en droga

26 Maio 2024

O condutor dun camión que circulaba por Rois sen carné nin permiso de actividade foi investigado polo Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria. Ademais, deu positivo indiciario en droga. Durante a realización dun control de transportes na estrada AC-301, detívose a un camión con caixa para comprobar a mercadoría que transportaba e a documentación do vehículo e do seu condutor.

Tras efectuar as comprobacións pertinentes constataron que carecía de permiso de conducióno carecer de puntos. Ademais, tampouco dispoñía da pertinente autorización administrativa para a actividade do transporte. Na proba de detección de drogas, deu positivo indiciario por presenza de cocaína, polo que se lle someteu a unha segunda proba para a súa remisión e cotexo no laboratorio de referencia.

Estrada AC-301

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...